martes, 4 de noviembre de 2008

O Réxime disciplinario dos funcionarios

A Ley 7/2007 constitúe o Estatuto Básico do empregado público. Recolle o tipo de faltas moi graves que van dende o deber de respecto á Constitución ao acoso laboral, pasando polo notorio incumprimento das funcións esenciais inherentes ao posto de traballo ou funcións encomendadas. En Galicia, o Decreto 24/1991, determina o Regulamento disciplinario no que compete á Comunidade autónoma, que foi logo modificado polo Decreto 157/2004 . Logo da Lei 13/2007 que modifica a Lei 4/1988 (derrogada) de función pública de Galicia, o Decreto lexislativo 1/2008 - modificación pola Ley 2/2009- de 13 de marzo recolle o texto refundido da función pública de Galicia e manda elaborar o correspondente Regulamento diciplinario.
O conflito disciplinario sempre é un fracaso das institucións no que, en ocasións, agóchanse problemas doutros ámbitos persoais dos intervintes. No que vai do ano 2008 lévanse notificados a través do DOG tres expedientes.

No hay comentarios: